Esquema de temas


  • Tecnoloxías para o desenvolvemento de xemelgos dixitais


    Carátula curso


    Benvidos e benvidas a este itinerario formativo especializado en
     tecnoloxías xeoespaciais aplicadas ao desenvolvemento de xemelgos dixitais, unha iniciativa destinada a impulsar a capacitación profesional nun ámbito tecnolóxico de grande relevancia estratéxica para a transformación dixital dos territorios, das administracións públicas e das organizacións.

    Os contidos estrutúranse en grandes módulos temáticos que abordarán aspectos como a
     integración de dispositivos IoT, o tratamento de datos masivos (Big Data), a xestión de fluxos de información en tempo real, a visualización e análise avanzada da información xeoespacial, así como a gobernanza, seguridade e calidade dos datos.

    Este itinerario é resultado da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), co obxectivo de favorecer a especialización e actualización de competencias dos profesionais do sector tecnolóxico e de todas aquelas persoas interesadas neste ámbito de coñecemento.

    A formación enmárcase no proxecto “Aceleración de Ecosistemas de Emprendemento e Innovación baseados en Xemelgos Dixitais”, integrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH), unha iniciativa orientada a promover a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico nos territorios.

    Este proxecto forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.



    ÍNDICE DE CONTIDOS

    1. Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades
    2. Directiva INSPIRE e metadatos xeoespaciais
    3. Sensores, telemetría xenérica e recollida territorial
    4. Casos prácticos de recollida de datos e clientes MQTT
    5. Introdución aos Data Lakes e Data Warehouses
    6. Apache Spark e procesamento masivo territorial
    7. Big Data GIS (GeoAnalytics) e análise espacial
    8. Ecosistema FIWARE, Context Broker, Kafka e RabbitMQ
    9. Interoperabilidade con espazos de datos europeos
    10. GeoEvent Server e regras en tempo real
    11. Principios de visualización masiva e IA aplicada
    12. Representación territorial e analítica agnóstica
    13. Explotación e creación de visores 2D/3D (Experience Builder)

  • 1) Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades

    Formación na que o alumnado explorará o deseño dun marco sólido de gobernanza do dato territorial. A través de documentación técnica e exercicios prácticos, sen depender de infraestruturas complexas, afondarase no ecosistema dos Xemelgos Dixitais, nos roles e responsabilidades, nas políticas de calidade baixo o ENS e na aplicación dos principios FAIR e de estándares europeos como Gaia-X.

    Obxectivos:

    1. Definir un modelo de gobernanza para ecosistemas territoriais.
    2. Dominar os principios FAIR e os marcos Gaia-X.
    3. Asignar roles e responsabilidades sobre o dato.
    4. Garantir a calidade e a seguridade da información.


    (Dispoñible a partir do 01/09/2026)


  • 2) Directiva INSPIRE e metadatos xeoespaciais

    Formación enfocada na aplicación técnica da directiva europea INSPIRE na xestión de metadatos espaciais. Complementado con titoriais prácticos, o curso capacita na creación, validación e publicación áxil de servizos web xeoespaciais en contornos SIX para garantir a interoperabilidade corporativa e internacional.

    Obxectivos:

    1. Comprender a arquitectura dos metadatos xeoespaciais.
    2. Editar perfís técnicos en ArcGIS Pro.
    3. Validar servizos WMS/WFS mediante ferramentas normativas.
    4. Publicar en nodos IDE.

    (Dispoñible a partir do 07/09/2026)


  • 3) Sensores, telemetría xenérica e recolección territorial

    Formación sobre a captura de datos do territorio a través de IoT, explorando taxonomía de sensores, redes LPWAN e protocolos MQTT sobre recursos simulados xenéricos (incluíndo coñecemento teórico de plataformas como iCousas).

    Obxectivos :

    1. Identificar as tipoloxías de sensores.
    2. Deseñar arquitecturas de telemetría de baixo consumo.
    3. Comprender a conectividade en campo.

  • 4) Casos prácticos de recolección e clientes MQTT

    Programa inmersivo  que consolida, mediante experimentación sobre contornas simuladas, a inxesta masiva de telemetría asíncrona e síncrona mediante clientes e axentes xenéricos sen dependencia de infraestruturas pechadas.

    Obxectivos :

    1. Executar rutinas de inxesta de datos.
    2. Despregar simuladores MQTT para inxección masiva de eventos.
    3. Modelar casos prácticos de recolección.

  • 5) Introdución a Data Lakes e Data Warehouses

    Módulo centrado no deseño de infraestruturas escalables para o almacenamento de Big Data territorial, diferenciando a arquitectura entre Data Lake e Data Warehouse.

    Obxectivos :

    1. Deseñar arquitecturas lóxicas de almacenamento masivo.
    2. Diferenciar Data Lakes de Warehouses.
    3. Estruturar capas semánticas.

  • 6) Apache Spark e procesamento masivo territorial

    Especialización práctica na que os profesionais aprenderán a orquestrar pipelines de datos usando ecosistemas distribuídos baseados en Apache Spark (PySpark) mediante contornas Jupyter.

    Obxectivos :

    1. Comprender a computación distribuída.
    2. Desenvolver fluxos ETL en PySpark.
    3. Limpar e transformar dataframes territoriais.

  • 7) Big Data GIS (GeoAnalytics) y Análisis Espacial

    Curso dedicado á análise espacial distribuída a grande escala empregando a tecnoloxía líder de Esri para executar análise ráster e vectorial profunda na nube.

    Obxectivos :

    1. Comprender a computación distribuída.
    2. Desenvolver fluxos ETL en PySpark.
    3. Limpar e transformar dataframes territoriais.

  • 8) Ecosistema FIWARE, Context Broker, Kafka y RabbitMQ

    Formación técnica deseñada para analizar en detalle as arquitecturas orientadas a eventos baixo o estándar europeo para cidades intelixentes. Os asistentes configurarán o núcleo Orion Context Broker, aprenderán a xestionar o contexto das entidades territoriais e conectarán fluxos mediante colas de mensaxería (Kafka/RabbitMQ).

    Obxectivos :

    1. Operar Orion Context Broker e NGSI.
    2. Entender os axentes IoT.
    3. Configurar colas de mensaxería (Kafka/RabbitMQ).
    4. Despregar arquitecturas de evento

  • 9) Interoperabilidade con espazos de datos europeos

    Sesión estratéxica que prové o coñecemento táctico para garantir a compartición de datos baixo os esquemas da UE, abordando as ontoloxías, os vocabularios controlados e as directrices do DS4SSCC.

    Obxectivos :

    1. Dominar os niveis de interoperabilidade da UE.
    2. Implementar os Smart Data Models.
    3. Deseñar arquitecturas que garantan a soberanía do dato.


    (Dispoñible a partir do 11/06/2026)


  • 10) GeoEvent Server e Regras en Tempo Real

    Curso operativo sobre a recepción, análise e reacción de datos espaciais ao voo mediante a configuración de conectores en ArcGIS GeoEvent, filtros espaciais complexos e xeocercas dinámicas.

    Obxectivos :

    1. Configurar servizos en ArcGIS GeoEvent Server.
    2. Deseñar procesadores e filtros espaciais.
    3. Administrar Geofences.
    4. Explotar Stream Layers.


    (En curso ata o 09/06/2026)


  • 11) Principios de visualización masiva e IA aplicada

    Formación especializada centrada na aplicación do Machine Learning sobre o tecido xeoespacial. O alumnado abordará a detección temperá de anomalías, o uso de algoritmos preditivos (Forecasting) de tendencias territoriais e o deseño de paneis de mando directivos para a toma de decisións apoiada en Intelixencia Artificial.

    Obxectivos :

    1. Adestrar e aplicar algoritmos preditivos de IA.
    2. Identificar anomalías en series de datos territoriais.
    3. Deseñar cadros de mando inmersivos.


    (Dispoñible a partir do 08/06/2026)


  • 12) Representación territorial e analítica agnóstica

    Taller intensivo dedicado ás bases metodolóxicas da representación de datos, ensinando a aplicar o storytelling xeográfico e a interpretar a teoría do xemelgo dixital mediante simulacións "what-if".

    Obxectivos :

    1. Asimilar a teoría da analítica territorial agnóstica.
    2. Modelar escenarios preditivos "what-if". 
    3. Aplicar técnicas de UX/UI e Storytelling para datos complexos.


    (Dispoñible a partir do 12/06/2026)


  • 13) Explotación e creación de visores 2D/3D (Experience Builder)

    Módulo exhaustivo orientado a dominar a capa de interface final, maquetando aplicacións inmersivas 2D e 3D na web e deseñando portais operativos mediante ArcGIS Experience Builder.

    Obxectivos :

    1. Desenvolver interfaces dinámicas con Experience Builder.
    2. Integrar escenas 3D.
    3. Despregar Dashboards operativos.
    4. Compartir solucións inmersivas.


    (Dispoñible a partir do 15/06/2026)