Section outline


  • Tecnoloxías para o desenvolvemento de xemelgos dixitais


    Carátula curso


    Benvidos e benvidas a este itinerario formativo especializado en
     tecnoloxías xeoespaciais aplicadas ao desenvolvemento de xemelgos dixitais, unha iniciativa destinada a impulsar a capacitación profesional nun ámbito tecnolóxico de grande relevancia estratéxica para a transformación dixital dos territorios, das administracións públicas e das organizacións.

    Os contidos estrutúranse en grandes módulos temáticos que abordarán aspectos como a
     integración de dispositivos IoT, o tratamento de datos masivos (Big Data), a xestión de fluxos de información en tempo real, a visualización e análise avanzada da información xeoespacial, así como a gobernanza, seguridade e calidade dos datos.

    Este itinerario é resultado da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), co obxectivo de favorecer a especialización e actualización de competencias dos profesionais do sector tecnolóxico e de todas aquelas persoas interesadas neste ámbito de coñecemento.

    A formación enmárcase no proxecto “Aceleración de Ecosistemas de Emprendemento e Innovación baseados en Xemelgos Dixitais”, integrado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH), unha iniciativa orientada a promover a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico nos territorios.

    Este proxecto forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.



    ÍNDICE DE CONTIDOS

    1. Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades
    2. Directiva INSPIRE e metadatos xeoespaciais
    3. Sensores, telemetría xenérica e recollida territorial
    4. Casos prácticos de recollida de datos e clientes MQTT
    5. Introdución aos Data Lakes e Data Warehouses
    6. Apache Spark e procesamento masivo territorial
    7. Big Data GIS (GeoAnalytics) e análise espacial
    8. Ecosistema FIWARE, Context Broker, Kafka e RabbitMQ
    9. Interoperabilidade con espazos de datos europeos
    10. GeoEvent Server e regras en tempo real
    11. Principios de visualización masiva e IA aplicada
    12. Representación territorial e analítica agnóstica
    13. Explotación e creación de visores 2D/3D (Experience Builder)