Incorpórase en Aires 2 novos compoñentes para mellorar significativamente o tratamento da documentación dixitalizada:
- Compoñente de intelixencia artificial para a separación automática de documentos: este módulo permite identificar e dividir automaticamente os documentos contidos nun único ficheiro dixitalizado, optimizando o proceso e reducindo a intervención manual. Execútase automaticamente e só ten que esperar a que finalice o proceso.
- Compoñente para a separación manual de documentos: esta funcionalidade ofrece á persoa usuaria a posibilidade de realizar a separación de xeito manual, garantindo maior control e precisión cando sexa necesario. Permitiralle unir/separar documentos, borrar páxinas, borrar documentos e previsualizar o resultado antes de gardar a anotación.
Horario: 12:00h - 13:00h
- Profesor: Begoña González Serén
- Profesor: Carlos Serramito Calvo